Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Cerdido organiza para a fin de semana do 26 e o 27 de novembro unha nova edición de Saborea Cerdido


• Participan un total de 6 locais de hostalería: O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, O Rincón de Tania e Casa da Viuda

O Concello de Cerdido organiza para a fin de semana do 26 e o 27 de novembro unha nova edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”.

Os locais que participarán nesta edición son O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, O Rincón de Tania e Casa da Viuda.

O sábado poderanse degustar as tapas, na xornada de mañá desde as 11 ata as 15 horas e pola tarde desde as 19 ata as 22 horas. Na xornada do domingo o horario para probar as creación culinarias será desde as 11 ata as 15 horas.

Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do concurso e a gozar das creacións culinarias dos locais hostaleiros.